Benvidos a A Mariña sen Plástico
Unha loita en equipo é máis levadeira
que unha loita individual. ¡¡ÚNETE!!
Asociación sen ánimo de lucro que loita contra a contaminación doa nosa contorna. Enfocada á creación de eventos de concienciación contra a contaminación e máis en concreto contra o uso abusivo do plástico.
Axúdanos a mellorar o planeta.

No events at the moment
Queremos contarvos quen somos e por que xurdiu esta iniciativa.
Hai pouco máis dun ano comezamos a reunirnos nas praias, a compartir inquedanzas, preocupábanos o mesmo, o lixo, as nosas praias, o cambio climático, a desidia dos seres humanos ante este problema.
Por moitas praias que limpáramos, sentíamos que non era suficiente, que necesitabamos dar outro paso para que a xente tamén vise o problema ,e un bo día Sara escribiunos para propoñernos esta aventura e non dubidamos nin un momento.
Agora vouvos contar un pouco máis sobre nós, os piares de A Mariña Sen Plástico.
Sara é a persoa máis teimuda que hai e tamén é a nosa presidenta. Ama a natureza e a todos os seres que existen nela. Non pode ir a unha praia sen recoller o lixo. A súa teima é descifrar o misterio das boquillas e xeringas que aparecen nas nosas praias.
Jacobo é o noso manitas, sempre ten unha enxeñosa solución a todos os problemas que xorden. O seu é cavar para sacar redes de pesca, así que sempre o verás coa súa pala, tamén con anzois, cordas, ...
Marina é aire fresco e moderno. Encántalle ler e aprender sobre o problema do plástico. Na limpeza é minuciosa.
Victor é o artista que deseñou o noso logotipo, do que estamos tremendamente orgullosos. Na limpeza sempre busca un desafío, algo difícil de eliminar, como as rodas, por moito que lle leve, sempre acaban saíndo.
Nacho é o máis calado, quizais porque o resto falamos demasiado, pero sempre que hai traballo, el está aí. O seu é o mar, a escalada e os lugares difíciles.
Xee é a outra teimuda do grupo, non soporta irse dunha praia se non está limpa. O seu é o traballo minucioso.
(...)

. .Coñécenos.

